GDR-24 APERTURA A CONVOCATORIA DE AXUDAS PROGRAMA LEADER GALICIA 2007 - 2013

Published in

O GDR 24 “Terras de Compostela” é o primeiro grupo de desenvolvemento rural de Galicia apertura os prazos para optar as subvencións do programa LEADER GALICIA 2007 – 2013. O traballo levado a cabo pola Xunta Directiva neste últimos meses fixo que se puidese aperturar esta convocatoria nos prazos previstos e polo tanto poñer a disposición dos promotores interesados esta liña de axudas para os seus proxectos. Dende o mércores 29 de abril de 2009 e ata o 1 de setembro de 2013 estará aberto o prazo de presentación de proxectos. Esta convocatoria encádrase na estratexia de poñer a disposición de todos os posibles promotores, toda a información necesaria para tramitar as peticións de subvención. A toda persoa interesada, daráselle conta das accións que se pretenden levar a cabo para  explicar e informar das distintas medidas, liñas e tipoloxía de proxectos subvencionables ó abeiro do programa LEADER GALICIA 2007 -2013.  A Asociación "Terras de Compostela", Grupo de Desenvolvemento Rural número 24, abrangue dúas comarcas completas e parte doutra da provincia da Coruña: a Comarca de Santiago cos concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra, a Comarca de Barcala, composta polos concellos de A Baña e Negreira e o concello de Santa Comba, pertencente á Comarca de Xallas. A Terras de Compostela, están vinculadas as asociacións que actúan dentro deste territorio, así como os propios concellos. Contacto: Xerencia do GDR 24. Ignacio Fernández Dosil Sede de Feiraco – Pontemaceira S/N. 15864 Ameswww.terrasdecompostela.org info@terrasdecompostela.org  Tlfn: 981 818 357.

O horario de verán (agosto-setembro): de luns a xoves de 8:00 h a 15:00 h e o venres de 8:00 h a 14:00 h.

AdxuntoTamaño
Baremacion GDR-2441 KB
Procedemento de xestión e control.pdf165.36 KB
Folleto GDR-24.pdf1.05 MB
SOLICITUDE DE AXUDA LEADER nova.doc832.5 KB

Inicio Subir