ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO

ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO

A Asociación Terras de Compostela está traballando na elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local para a selección e recoñecemento dos GDR como entidade colaboradoras na xestión da Medida Leader de Galicia 2014-2020.

Para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia para o período 2014-2020, a Asociación Terras de Compostela, está a realizar unha serie de xuntanzas polo territorio.

Nestas 10 reunións, que se celebrarán durante o mes  de maio, os representantes de distintas asociación, empresas, cooperativas e demais entidades implicadas no desenvolvemento rural expoñerán as necesidades reais e cales deberían ser as prioridades para o territorio nos vindeiros anos.

A túa opinión é importante para evaluar os aspectos que afectan de forma directa ao desenvolvemento do noso territorio, polo que, si pertences a algún dos seguinte concellos: A Baña, Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, Teo, Santa Comba, Santiago de Compostela, Val do Dubra e Vedra, animámoste a participar cubrindo o formulario adxunto e remitíndoo ao email: info@terrasdecompostela.org

AdxuntoTamaño
FORMULARIO LEADER TERRAS DE COMPOSTELA ESTRATEXIA LOCAL.pdf450.46 KB
FORMULARIO LEADER TERRAS DE COMPOSTELA ESTRATEXIA LOCAL.pdf450.46 KB

Inicio Subir