TALLER DE DECORACIÓN DE STANDS DE PRODUTOS LOCAIS

TALLER DE DECORACIÓN DE STANDS DE PRODUTOS LOCAIS

O GDR Terras de Compostela vai organizar, dentro do proxecto "Promoción de produtos locais e Dinamización do Sector Agrogandeiro-Forestal", un Taller práctico coa temática "Taller de decoración de stands de produtos locais".

O Obxectivo é o de capacitar ós participantes sobre a importancia de coidar a presentación tanto dos produtos como dos stansd de venda, mellorando a súa imaxe.

Día: Martes 22 de setembro de 2015.

Horario: 10:00 h - 13:30 h.

Lugar: Sede Terras de Compostela - Cibrán, 4 - San Xian de Sales (Vedra)

 

Para máis información, contactar co Equipo Técnico do GDR Terras de Compostela - 981 818 357.


Inicio Subir