ACCIÓNS FORMATIVAS 2015 - GDR TERRAS DE COMPOSTELA

Published in
proximamente.gif

A Asociación  Terras de Compostela vai a poñer en marcha  as seguintes ACCIÓNS FORMATIVAS, no marco de Promoción Territorial do Programa Leader Galicia 2007-2013 (ampliación 2014-2015).

    *** DINAMIZACIÓN DE RECURSOS TURÍSTICOS

Esta acción formativa está dirixida a responsables  de establecementos do sector turístico (aloxamento e restauración), puntos de información turística, museos, centros etnográficos, e para aquelas persoas vinculadas co sector.  

Ten dobre finalidade, por unha banda valorizar os recursos naturais, patrimoniais, arquitectónicos, etnográficos do territorio do seu ámbito de actuación, e facilitar os participantes un amplo coñecemento dos recursos existentes no territorio e llo transmitan os seus clientes e visitantes da zona, e meiorar así, a súa acollida.

Pretendese ademais que se formen  lazos de colaboración entre os asistentes,
xa que un territorio, constrúese, dinamizase e valorizase entre todos.

Data prevista de comenzo: PRIMEIRA SEMANA DE XUÑO.

DURACIÓN: 60 Horas. 

 

   *** FOMENTO DO EMPREGO E DA CREATIVIDADE FEMININA

O obxectivo deste proxecto e conseguir un incremento cuantitativo do número de mulleres activas e diminuír o desemprego feminino, mediante a capacitación a capacitación das participantes  na COSMÉTICA NATURAL  e ELABORACIÓN DE XABÓNS ARTESANAIS a base de produtos naturais e sobre todo utilizando produtos da zona (leite, esencia de camelia, uvas, …) así como a familiarización ca normativa e lexislación e a comercialización.

Estas acción formativa está dirixida a mulleres creativas, que estean en situación de desemprego ou traballen a media xornada.  

Data prevista de comenzo: PRIMEIRA SEMANA DE XUÑO.

Duracción: 65 horas. 

Estes proxectos están financiados dentro do marco de promoción económica do programa leader galicia 2007-2013 (ampliacion 2014-2015). 

Para mais información, non dubidedes en poñervos en contacto co equipo técnico a  través do teléfono 981 81 83 57 ou a través de email: info@terrasdecompostela.org


Inicio Subir