CONVOCATORIA XUNTA DIRECTIVA EXTRAORDINARIA 20-04-2015

Published in

A Asociación Terras de Compostela, convoca ós membros da Xunta Directiva, a unha xuntanza Extraordinaria que se celebrará o vindeiro LUNS, día 20 de ABRIL de 2015, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, na Sede da Asociación, en Lugar Cibrán , 4 – San Xián de Sales (Vedra), coa seguinte:

 

 

ORDE DO DÍA

 

 

1.    Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva Ordinaria de 11 de febreiro de 2015.

2.    Estado xeral de funcionamento da Asociación, e no seu caso, acordos a
tomar.

3.    Estudo e análise dos expedientes, e no seu caso, acordos a adoptar.

4.    Procedemento para a renovación de representantes das mesas sectoriais da Xunta Directiva, acordos a adoptar.

5.  Acordar, se procede, a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Terras de Compostela, e fixación da Orde do Día.

6.   Rogos e preguntas.

 

Agardamos a súa presenza e agradécese de anteman a súa puntualidade, reciba un cordial saúdo.

 

San Xián de Sales, 15 de abril de 2015

 

 

 

Carlos Martínez Carrillo.

Presidente
Asoc. Terras de Compostela


Inicio Subir