DINAMIZACIÓN DE RECURSOS TURÍSTICOS
Obxetivo: Valorizar os recursos naturais, patrimoniais, arquitectónicos,
etnográficos do territorio Terras de Compostela a través de accións de
formación e información a responsables de establecementos do sector
turístico e de puntos de información, ca finalidade de que adquiran
un amplo coñecemento dos recursos existentes no territorio e así llo transmitan
os seus clientes e visitantes da zona.
Pretendese ademais que a través destas xornadas de información e formación crear lazos de colaboración entre os aasistentes, xa que un territorio, constrúese, dinamizase e valorizase entre
todos.
FOMENTO DO AUTOEMPREGO A TRAVÉS DA CREATIVIDADE E O TALENTO FEMININO.
Obxetivo: facilitarlle as participantes un abanico de ideas e a posibilidade
de coñecer diferentes iniciativas empresariais levadas a cabo por mulleres, que
potencien a súa creatividade e o saber facer e talento das mulleres, ca
finalidade que se animen a emprender e a iniciar unha iniciativa económica.
Destinatarias: Mulleres do territorio en situación de desemprego, traballo de media xornada e con un perfil creativo e emprendedor.
VALORIZACIÓN E PROMOCIÓN DE PRODUCTOS LOCAIS DO TERRITORIO
TERRAS DE COMPOSTELA
Ø Obxetivo: Valorizar os produtos locais mediante accións de información e promoción, co fin de que sexan un referente de calidade, un símbolo de cultura e identidade do territorio,
e se fomenten sinerxías co sector da restauración, turismo, comercio, ca finalidade de abrir novos nichos de mercados e fomentar o consumo de produtos locais.
DINAMIZACIÓN DO SECTOR AGRO-GANDEIRO
OBXECTIVO: Apoiar o sector agrario-agandeiro a través sesións de formación e asesoramento orientadas a meiora da xestión e aforro de custes das explotacións, así como de as posibilidades de diversificación e comercialización.
EEn canto teñamos mais definidas estas actividades, iremos ampliando e actualizando a web.