BOAS PRÁCTICAS HIXIÉNICAS NA MANIPULACIÓN DE PRODUTOS DE HORTA

Published in

O GDR Terras de Compostela vai a poñer en marcha no último trimestre do 2014,  unhas sesións de formación sobre  “Boas prácticas hixiénicas na manipulación de produtos de horta” como  un impulso hacia o  desenvolvemento social e económico  da súa zona de actuación,  a través da capacitación dos profesionais do sector hortofruticultor ca finalidade de que poidan garantir a calidade e a salubridade dos seus produtos e cumprir as esixencias establecidas por a lexislación en materia sanitaria.

Este proxecto está financiado dentro dos  “Programas dirixidos a entidades para actividades de Promoción económica 2014” , da excelentísima DEPUTACIÓN DA CORUÑA

De cara a facilitar a asistencia os interesados de todo o seu territorio de actuación, faranse en duas sedes, localizadas en Negreira (Sede Feiraco) e en Vedra (Sede Asociación de Veciños San Xian).

Se eres productor o estás interesado en asistir a esta formación, por favor contacta co Equipo técnico da Asociación Terras de Compostela no teléfono 981 81 83 57 / 617 129 702  ou a través do mail: info@terrasdecompostela.org


Inicio Subir