PLANS DE XESTIÓN FORESTAL - GDR TERRAS DE COMPOSTELA

Published in
noticias[1].jpg

O Presidente do GDR Terras de Compostela, Carlos Martínez Carrillo, convídao a participar na entrega dos Plans Simple de Xestión Forestal Sostible e dos códigos EGS (Entidade Galega Solicitante) de certificación, aos propietarios que, despois de asistir ás xornadas de formación e asesoramento de Certificación Forestal promovidas polo GDR Terras de Compostela, decidiron certificar as súas propiedades forestais e levar a cabo unha xestión forestal sostible de todos os produtos que se extraerán dos seus montes.

 

A data na que se van facer entrega dos Plans de Xestión Forestal e dos Códigos EGS será o vindeiro VENRES 20 de febreiro, ás 12:00 horas, na sede do GDR Terras de Compostela (Lugar Cibrán, 4 – San Xián de Sales – Vedra).

 

Estaríamos encantados de contar coa vosa presencia e esperamos confirmación da asistencia.


Inicio Subir