CONVOCATORIA XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA 11-02-2015

Published in

A Asociación Terras de Compostela, convoca ós membros da Xunta Directiva a unha xuntanza Ordinaria que se celebrará o vindeiro MÉRCORES, día 11 de FEBREIRO de 2015, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, na Sede da Asociación, en Lugar Cibrán , 4 – San Xián de Sales (Vedra), coa seguinte:

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva Extraordinaria celebrada o 10 de setembro de 2014.

2. Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva Extraordinaria por procedemento escrito de 22 de setembro de 2014.

3. Estado xeral de funcionamento da Asociación, e no seu caso, acordos a tomar.

4. Estudo e análise dos expedientes, e no seu caso, acordos a adoptar.

5. Rogos e preguntas.

Agardamos a súa presenza e agradécese de anteman a súa puntualidade, reciba un cordial saúdo.

Ponte Maceira, 29 de xaneiro de 2015

Carlos Martínez Carrillo.

Presidente Asoc. Terras de Compostela


Inicio Subir