CONVOCATORIA XUNTA DIRECTIVA 25-06-2014

Published in

Asociación Terras de Compostela, convoca ós membros da Xunta Directiva a unha xuntanza Ordinaria que se celebrará o vindeiro MÉRCORES, día 25 de xuño de 2014, ás 19:30 horas en
primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, na Sala Rectora (Cooperativa Feiraco), en Ponte Maceira s/n (Ames), coa seguinte:

ORDE DO DÍA 
 

  • 1.    Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva Ordinaria celebrada o 13 de maio de 2014.

  • 2.    Estudo e análise dos expedientes, e no seu caso, acordos a adoptar.

  • 3.    Elección de cargos da Xunta Directiva, consonte ó disposto nos Estatutos da Asociación Terras de Compostela

  • 4.    Rogos e preguntas.

Agardamos a súa presenza e agradécese de anteman a súa puntualidade, reciba un cordial saúdo.
 

Ponte Maceira, 17 de xuño de 2014

 Carlos Martínez Carrillo.

Presidente Asoc. Terras de Compostela


Inicio Subir