APERTURA CONVOCATORIA NOVO MARCO PROGRAMA LEADER GALICIA 2007-2013

Published in
noticias[1].jpg

Por acordo unánime de Xunta Directiva do GDR Terras de Compostela, celebrada o 13 de maio de 2014, queda aperturada oficialmente a convocatoria de axudas do novo marco financeiro do Programa Leader Galicia 2007-2013, para o período 2014 - 2015.

  ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

O ámbito de actuación abrangue os concellos de Ames, A Baña,
Boqueixón, Brión, Negreira, Santa Comba, Santiago, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Axudas dirixidas a proxectos empresariais ou sen ánimo de lucro, que incidan no desenvolvemento do territorio de actuación.

REXIME DE AXUDAS

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2013, do Director Xeral de Agader, pola que se aproba o novo marco financeiro do programa Leader Galicia 2007-2013, cofinanciado con Feader, e se modifican as bases reguladoras paraa selección de programas de desenvolvemento rural e para a selección e o recoñecemento  de entidades colaboradoras na xestión do programa Leader Galicia 2007-2013, aprobadas polo Acordo do Consello de Dirección de Agader do 30 de maio de 2008.

DOTACIÓN ORZAMENTARIA:

*** 2014: 539.626,26 €

*** 2015: 661.427,62 €

O importe dispoñible desta nova convocatoria resultará do remanente que poida quedar despois de emitir as resolucións de axuda para aqueles proxectos que quedasen
pendentes de resolución da convocatoria anterior, tal e como se establece no
punto XVI. Réxime transitorio, das bases reguladoras.

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de presentación das solicitudes de axuda vai dende o día 14 de maio de 2014 ate o 31 de marzo de 2015 (ou ate a data na que se comprometan os fondos dispoñibles).

 LUGAR E FORMA DE PRESENTACIÓN

Os promotores deberán presentar a documentación correspondente, por rexistro de entrada,   nas oficinas do GDR Asociación Terras de Compostela.

MAIS INFORMACIÓN

GDR Asociación Terras de Compostela:  Lg Ponte Maceira,  s/n (Sede Feiraco) - 15864 Ames (A Coruña).  Tfno: 981 818 357 Email: info@terrasdecompostela.org


Inicio Subir