LIDERAZGO DAS MULLERES A TRAVÉS DO FOMENTO DO AUTOEMPREGO

Published in
informate.png

Terras de Compostela, vai levar a cabo un plan formativo dirixido principalmente a mulleres do territorio de actuación do GDR, que estean en situación de desempleo,  e que cumpran co requisito de  persoas CREATIVAS, que lle gusten as COUSAS BEN FEITAS, que aprecien los DETALLES, e sobre todo que sea xente cun perfil emprendedor,  xa que a finalidade deste plan de  formación e xerar iniciativas empresariais. 

O obxectivo das accións formativas e conseguir un incremento cuantitativo do número de mulleres activas e disminuir o desemprego femenino, a través do autoemprego.

MODULOS DO PLAN DE FORMACIÓN 

1.      “TALLER A AGULLA DE OURO”

O GDR persegue con esta acción formativa a capacitación  no diseño artesanal de roupa e complementos para nenos, que farán con  mimo, con un toque de ceatividade e orixinalidade, onde a elegancia, os detalles e a suavidade dos texidos estén presentes.  

As participantes aprenderán a diseñar, a elaborar patróns e a confeccionar prendas exclusivas para os gustos mais exquisitos, coa finalidade de que xeneren unha iniciativa empresarial.

2.       MODULO: EMPRENDER

Neste módulo os participantes descubrirán as claves que todo emprendedor necesita saber, para sacar o máximo potencial profesional. A temática vai dende como elaborar un plan de negocio, medios de financiación, tramites telemáticos, requisitos fiscais, contables e laborais dun autónomo.

 3.       MODULO: MARKETING ONLINE E REDES SOCIAIS

Este modulo está diseñado para que as participantes coñezan  as oportunidades de internet a hora de emprender unha iniciativa, darán  os seus primeros pasos nas redes sociais, pero dende a perspectiva profesional, serán capaces de levar a cabo políticas de marketing online para dar a coñecer e comercializar os seus productos.

Comenzaremos por o TALLER: A AGULLA DE OURO, que será impartido en Santiago de Compostela (Centro Sociocultural do Ensanche). 

  • Datas previstas de comenzo:  Segunda quincena  de maio.

  • Duración: maio - setembro (2 días a semana / 3 horas día)

SOLICITA INFORMACIÓN E RESERVA A TUA PRAZA A TRAVÉS DO TELÉFONO: 981 81 83 57  ou info@terrasdecompostela.org


Inicio Subir