XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA - 26 DE NOVEMBRO DE 2012

Published in

A Asociación Terras de Compostela convoca os membros  Xunta Directiva a unha  Xuntanza Ordinaria que se celebrará o vindeiro Luns, día 26 de Novembro de 2012, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, na Sede da Cooperativa de Feiraco, en Ponte Maceira s/n (Ames), coa seguinte

  ORDE DO DÍA  

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva Extraordinaria celebrada o 17 de outubro de 2012.
  2. Estudo e análise dos expedientes, e no seu caso, acordos a adoptar.
  3. Aprobar, se procede, o orzamento previsto nas medidas 431 A e 431 B para a anualidade 2013 e posterior solicitude de autorización ante Agader.
  4. Estado xeral de funcionamento da Asociación, e no seu caso acordos a tomar.
  5. Procedemento para a renovación de representantes das mesas sectoriais da Xunta Directiva.
  6. Acordar, se procede, a convocatoria da Asemblea Xeral da Asociación Terras de Compostela, e fixación da orde do día
  7. Rogos e preguntas.  

Ponte Maceira, 19 de novembro de 2012.    Carlos Martínez Carrillo.Presidente Asoc. Terras de Compostela  


Inicio Subir