XUNTA DIRECTIVA EXTRAORDINARIA - 8 AGOSTO 2012

Published in

Asociación Terras de Compostela convoca ós membros da Xunta Directiva a unha xuntanza extraordinaria, que se celebrará o vindeiro Mércores, día 8 de Agosto de 2012, ás 13:00 horas en primeira convocatoria e ás 13:30 horas en segunda convocatoria, na Sede de Terras de Compostela, en Ponte Maceira s/n (Ames), coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva Ordinaria celebrada o 18 de xullo de 2012.2.     
  2. Aprobar, se procede, o cambio de importes entre medidas do Cadro Financeiro, para a anualidade 2012.
  3. Estudo e análise dos expedientes, e no seu caso, acordos a adoptar.
  4. Aprobar, se procede, a solicitude de aval bancario, con motivo da solicitude de anticipo ante Agader do 20 % da anualidade 2012.
  5. Rogos e preguntas.  

Agardamos a súa presenza e agradécese de anteman a súa puntualidade, reciba un cordial saúdo.   

 

Ponte Maceira, 3 de agosto de 2012.    

Carlos Martínez Carrillo.

Presidente Asoc. Terras de Compostela 


Inicio Subir