Proxecto de cooperación inter-territorial “EN MANO”

Published in

En relación ó proxecto de cooperación inter-territorial “EN MANO”: Buenas prácticas cinegéticas desde el punto de vista de la gestión y la sostenibilidad como recurso de la biodiversidad y el desarrollo rural, financiado no marco da Red Rural Nacional do MARMA, a Asociación Terras de Compostela ten o pracer de convidar a aquelas persoas que posean nocións na identificación de especies de caza e que queiran participar como colaboradores (técnicos cinexéticos, cazadores, veciños da comarca, estudiantes ou cualquera persona interesada no proxecto e que poida dedicar algunha xornada a esta iniciativa), ó encontro que terá lugar o vindeiro Venres 14 de outubro, ás 14:30 horas, no Restaurante Tamara (Negreira).  Adxúntase convite.

OBXETIVOS XERAIS

-  Analizar cómo afectan en cada territorio as prácticas silvícolas, agrogandeiras, e cinexéticas levadas a cabo.

- Plantexar unha estratexia de xestión cinexética sostible e innovadora baixo unhas pautas de actuación común ós diferentes territorios participantes no proxecto e sobre unha base científica.

- Mellorar medioambientalmente os territorios de actuación e aproveitar económicamente e de forma sostible os recursos cinexéticos, tanto de caza maior como de caza menor, de tal forma que as rentas que xenera a actividade repercutan na maior medida posible no propio territorio.

- Utilización da caza con obxetivos sociais en pro do desenvolvemento socioeconómico potenciando ou descubrindo atractivos locais, que creen sinerxias coa hostelería ou co aloxamento.

Agradecemos a divulgación deste acto, e pregamos confirmación de asistencia ó mesmo, antes do xoves 13 de outubro (Telf.: 981 818 357, info@terrasdecompostela.org).

Atentamente,

José. S. Montes Pérez

Presidente Asoc. Terras de Compostela

AdxuntoTamaño
CONVITE PROXECTO DESARROLLO RURAL EN MANO.doc32.5 KB
Tríptico EN-MANO.pdf247.67 KB

Inicio Subir