XORNADA "FOMENTO INICIATIVAS EMPRESARIAIS QUE CONTRIBÚAN AO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO DO RURAL"

Published in
Resumo: 
<blockquote> <blockquote> <blockquote> <p> &nbsp; </p> </blockquote> </blockquote> </blockquote>

 

Estimados amigos e amigas

O GDR Asociación Terras de Compostela ten o pracer de convidalo á XORNADA que estamos organizando para o vindeiro venres 23 de setembro de 2011 en Ponte Maceira (Sede Feiraco), en relación ó proxecto “FOMENTO DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS QUE CONTRIBÚAN AO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO DO TERRITORIO TERRAS DE COMPOSTELA” Adxúntase programa.

 FINALIDADE DO PROXECTO

Este proxecto ten como finalidade a potenciación do sector agroalimentario do territorio Terras de Compostela, promovendo a diversificación e profesionalización das producións locais de alta calidade, favorecendo así a creación e mantemento de emprego no rural.

Nesta xornada, darase un avance dos requisitos fiscais, legais, trazabilidade,… que deben cumprir os produtores.

DESTINATARIOS

     §  Agricultores, cooperativas agrícolas,...

     §  Técnicos de grupos de desenvolvemento rural, técnicos de oficinas agrarias comarcais, técnicos de organizacións agrarias.

     §  Axentes de desenvolvemento, sociais, turísticos e económicos do territorio así como ás autoridades locais e persoas interesadas.

     §  Consumidores de produtos naturais.

Pregamos a difusión deste evento a todas aquelas persoas, empresas ou entidades que poidan estar interesadas.

Moitas grazas pola súa colaboración, agardamos contar coa súa presenza e a confirmación da mesma (Tlfno: 981 818 357, info@terrasdecompostela.org).

Atentamente,

José S. Montes Pérez

Presidente GDR Asoc. Terras de Compostela

Asociación Terras de Compostela

www.terrasdecompostela.org

AdxuntoTamaño
folleto XORNADA FOMENTO INICIATIVAS.pdf437.33 KB

Inicio Subir