XUNTA DIRECTIVA TERRAS DE COMPOSTELA 19 DE XULLO DE 2010

Published in
Copia de O.K.LOGO web.JPG

A Asociación Terras de Compostela convoca ós membros da Xunta Directiva a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro Luns, día 19 de xullo de 2010, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, na Sede da Cooperativa de Feiraco, en Ponte Maceira s/n (Ames), coa seguinte   

 

ORDE DO DÍA  

 

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva celebrada o 18 de maio de 2010.
  2. Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva celebrada o 24 de maio de 2010.
  3. Elección de cargos da Xunta Directiva, consonte ó disposto nos Estatutos da Asociación Terras de Compostela
  4. Admitir, se procede, as solicitudes de adhesión á Asociación Terras de Compostela, consonte ó disposto nos Estatutos Sociais.
  5. Estudo e análise dos expedientes en estado de tramitación, e no seu caso, medidas a adoptar.
  6. Aprobar, se procede, a proposta de modificación do procedemento de baremación establecido no GDR 24 Asociación Terras de Compostela.
  7. Estado xeral de funcionamento da Asociación, e no seu caso, medidas a adoptar.
  8. Rogos e preguntas.

 Dada a especial importacia dos asuntos a tratar, agardamos a túa presenza, recibe un cordial saúdo.  Ponte Maceira, 07 de xullo de 2010.     

 

José S. Montes Pérez.

Presidente Asoc. Terras de Compostela  

 

 

NOTA: É importante que vos poñades en contacto co voso suplente de Mesa, no suposto caso de que non poidades asistir. 


Inicio Subir