XORNADA PRESENTACIÓN PROXECTO EUROPEO ANATOLE

Published in
Copia de O.K.LOGO web.JPG

O vindeiro 28 de xuño, as 17:30 H. na Fundación Caixa Galicia. (Rúa do Vilar, nº 19 - Santiago), terá lugar a  Xornada de presentación do proxecto europeo ANATOLE sobre mercados de proximidade.

O proxecto ANATOLE ten como obxectivos:

 

  • - Traballar na adopción de políticas e estratexias que favorezan o desenvolvemento da economía de proximidade.

  • - Promocionar a produción local dos territorios rurais periféricos a Santiago, co fin de favorecer a súa comercialización e consumo nos mercados de proximidade.  

  • - Establecer un modelo innovador na organización da economía de proximidade que favoreza un desenvolvemento urbano-rural sustentable, con capacidade de transferencia e aplicación noutros territorios.
  • - Crear unha rede europea de intercambio de experiencias e creación de novos modelos de organización para unha economía de proximidade con dimensión atlántica.

 

Destinatarios da xornada:

Profesionais vinculados coa eno-gastronomía, produtores e asociacións de produtores locais, axentes de desenvolvemento, cooperativas/agrupacións de persoas consumidoras, ...

Ponentes da xornada:  

  • - D. Jocelyn MARECHALD da Asociación de Cámaras de Agricultura do Arco Atlántico francés.

  • - D. José Severino Montes Pérez, Presidente de Terras de Compostela.

  • - D. Miguel Vila, Bloguer Gastronómico.

  • - D. Xosé Manuel Iglesias, Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo .  

 

Para inscribirse e opter mais información, pinche no seguinte link: http://invest.maiscompostela.com/convocatorias/convocatoria.php?id=31&lg=gal   

AdxuntoTamaño
Convite.pdf72.65 KB
Folleto_Anatole.pdf644.36 KB

Inicio Subir