XUNTA DIRECTIVA TERRAS DE COMPOSTELA

Published in
O.K.LOGO TERRAS DE COMPOSTELA.JPG

A Asociación Terras de Compostela convoca ós membros da Xunta Directiva a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro Martes, día 18 de maio de 2010, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria, na Sede da Cooperativa de Feiraco, en Ponte Maceira s/n (Ames), coa seguinte  ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva celebrada o 26 de abril de 2010.
  2. Informe das reunións mantidas cos representantes dos concellos que integran o ámbito territorial do GDR-24 Asociación Terras de Compostela -
  3. Inicio, se procede, do proceso de expediente ós socios que non cumpran coas obrigas de asociado.
  4. Análisis dos estatutos da Asociación e, se procede, acordo de proposta de modificación dos mesmos.
  5. Estudo e análise da memoria de actividades e do orzamento previsto para o exercicio 2010.
  6. Acordar, se procede, a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Terras de Compostela, e fixación da Orde do Día.
  7. Estudo e análise dos expedientes en estado de tramitación, e no seu caso, medidas a adoptar.
  8. Rogos e preguntas.

 Agardando a túa presenza, recibe un cordial saúdo.   Ames, 11 de maio de 2010.


Inicio Subir