RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DE AGADER

Published in

O pasado 30 de decembro, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ven de resolver a convocatoria de selección de programas de desenvolvemento rural e de grupos de desenvolvemento rural (GDR) no marco do programa LEADER GALIZA 2007-2013.

Podedes visualizala nesta ligazón:

http://agader.xunta.es/AbrirDocumento.do?id=394

Como parece evidente, podemos darnos por satisfeitos do traballo realizado desde as mesas sectorias e por todos os que formamos parte deste GDR, a valía do noso Proxecto foi considerada como salientable e iso traduciuse nunha notable asignación de recursos  que nos permitirá seguir traballando en favor do desenvolvemento do rural dos nosos 10 Concellos.

Noraboa polo traballo e os esforzos realizados e grazas a todas/os as/os que aportastes o voso grao de area á consecución desta meta, pero recordade que o verdadeiro traballo das Mesas Sectoriais empeza agora, e convidarvos a continuar elaborando e perfilando os vosos proxectos, dado que próximamente iremos informando da elaboración de candidaturas e presentación de iniciativas.


Inicio Subir