ENCONTRO DE EXPERIENCIAS AO REDOR DA COMPRA PUBLICA DE ALIMENTOS

Published in

O GDR Terras de Compostela, colabora co Sindicato Labrego Galego, na organización dunha XORNADA, na que se dará a coñecer a Campaña que iniciou Veterinarios Sen Fronteiras (VSF):  "CORTO CIRCUITO: Criterios de xustiza alimentaria na compra pública de alimentos", na que se presentará unha guía para administracións públicas, que sirva de documento de referencia para as adxudicadoras e para as persoas técnicas das Administracións Públicas, especialmente para as Entidades Locais, que estén implicadas – ou teñan a posibilidade de implicarse - nos procesos de compra e contratación pública.

Tamen se quere acercar esta campaña as escolas e ANPAS que xestionen comedores escolares e compartan a preocupación sobre o modelo de alimentación no que introducimos ás nenas e nenos. Coñeceremos experiencias alternativas en marcha e traballaremos conxuntamente na construción práctica doutro modelo. 

ENCONTRO de EXPERIENCIAS ao redor da SOBERANÍA ALIMENTARIA  na COMPRA PÚBLICA de ALIMENTOS

  • Data: 8 de novembro de 2013
  • Hora: 16:00 - 20:00
  • Lugar: Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC).

Máis información no teléfono 981 58 85 32 / 699 924 632 (preguntar por Lara Barros). 


Inicio Subir