PRESENTACIÓN DO PLAN DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Published in

O pasado 16 de setembro realizouse a presentación da estratexia de desenvolvemento rural elaborada por este GDR. Presentáronse na sede de Agader, en Santiago, varios membros da Xunta Directiva para facerlle entrega ao director da Axencia do resultado do traballo realizado polas 7 Mesas Sectoriais desta Asociación.

O documento presentouse en dúas partes, unha primeira de datos do grupo (sede social, estatutos, número de asociados, etc.) de algo máis de 200 páxinas, e a segunda parte que contiña o Plan de Desenvolvemento redactado e coordinado pola consultora viguesa Emic-Etic, dunhas 150 páxinas.

Este documento, así coma todos os informes previos e os estudos cualitativos e cuantitativos redactados para a candidatura deste GDR á convocatoria Leader 2007-2013, poderán ser consultados en breve nesta mesma páxina web.


Inicio Subir