CONVOTARIA XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA (30/06/2020)

Published in
Logo_TERRAS DE COMPOSTELA Vertical.jpg
Resumo: 

A Asociación Terras de Compostela convoca Xunta Directiva Ordinaria, que se celebrará o vindeiro MARTES, día 30 de XUÑO de 2020, ás 12:30 horas en primeira convocatoria e ás 13:00 horas en segunda convocatoria, no Salón de Actos do Centro Polivalente de Brión – Av. de Sta. Minia, 46, (Brión), coa seguinte:

ORDE DO DÍA

1.         Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva Ordinaria de 22 de Novembro de 2019.

2.         Ratificar, se procede, o acordo de Presidencia e Secretaria de realizar un procedemento de contratación de persoal técnico para cubrir a baixa de maternidade da técnico do programa.

3.         Ratificación, se procede, do acordo de Presidencia sobre a Aprobación do importe máximo dispoñible para cada unha das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2: Produtivos, Non Produtivos e Formación

4.         Estudo e análise dos expedientes da Medida Leader de Galicia 2014-2020, convocatoria 2020-2021, e no seu caso, acordos a adoptar.

5.         Rogos e preguntas.

San Xián de Sales, a 19 de xuño de 2020

José Luis García García.

Presidente GDR 19 Asoc. Terras de Compostela


Inicio Subir