XUNTA DIRECTIVA TERRAS DE COMPOSTELA

Published in
O.K.LOGO TERRAS DE COMPOSTELA.JPG

A Asociación Terras de Compostela convoca ós membros da Xunta Directiva a unha xuntanza que terá lugar o próximo Luns, día 15 de marzo de 2010, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria, na Sede da Cooperativa de Feiraco, en Ponte Maceira s/n (Ames), coa seguinte

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva celebrada o 22 de decembro de 2009.
2. Lectura e aprobación, se procede da acta de Xunta Directiva Extraordinaria celebrada o día 01 de marzo de 2010.
3. Ratificar, se procede, o acordo de adhesión á Asociación de GDRs de Galicia, e designación de representante na citada asociación.
4. Aprobar, se procede, a autorización para que a comisión permanente poida solicitar as diferentes axudas que se convoquen e que sexan de interese para a asociación.
5. Estudo e análise dos expedientes en estado de tramitación, e no seu caso, medidas a adoptar.
6. Estudo e análise da memoria de actividades e do orzamento previsto para o exercicio 2010.
7. Aprobar se procede, o orzamento previsto nas medidas 431A e 431B e posterior solicitude de autorización ante Agader.
8. Estado de cobro de cotas dos socios e no seu caso medidas a adoptar.
9. Estado xeral de funcionamento da asociación, e no seu caso, medidas a adoptar.
10. Estudo e análise de propostas de proxectos de cooperación.
11. Rogos e preguntas

Agardando a túa presenza, recibe un cordial saúdo.

Ames, 08 de marzo de 2010.

José S. Montes Pérez.
Presidente Asoc. Terras de Compostela


Inicio Subir