FINS E ACTIVIDADES TERRAS DE COMPOSTELA

TÍTULO III. FINS E ACTIVIDADES 
 
Artigo 5. Fins e actividades
               

1.- A asociación constitúese coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, para acadar os seguintes FINS:

a)     Vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobre os problemas da zona, prestando especial atención aos mozos, ás mulleres, á protección do ambiente e á creación de emprego.

 b)     Sensibilizar as administracións locais, autonómica e estatal, así como as institucións comunitarias europeas, canalizando as demandas da poboación do territorio, co obxecto de optimizar o aproveitamento dos recursos endóxenos da zona de cara ao seu desenvolvemento harmónico e integral. 

c)     Ser centro receptor e distribuidor de toda a información relativa ao desenvolvemento socioeconómico do medio rural, tanto a nivel nacional coma internacional, centrándose esta labor principalmente no coñecemento dos recursos e promoción de proxectos e iniciativas de interese para lograr un desenvolvemento harmónico, equilibrado, endóxeno, sostible e integral.

 

d)     Posibilitar entre os asociados e outros interesados o intercambio de experiencias e metodoloxías de animación e desenvolvemento socioeconómico.

 

e)     Potenciar, revalorizar e preservar os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos da zona.

 

f)      Concienciar á poboación da necesidade de protexer o ambiente e o contorno rural, e tomar parte activa niso, mediante actividades orixinais e innovadoras.

 

g)     Formular e transmitir á poboación a estratexia adecuada para lograr o desenvolvemento da zona, así como promover a súa aplicación.

 

h)     Articular unha dinámica de participación que facilite o desenvolvemento tanto social como económico.

 

  2.- Para acadar os ditos fins, a asociación poderá desenvolver as seguintes ACTIVIDADES:  

a)     Desenvolver iniciativas dirixidas a frear o éxodo rural, así como a fomentar a creación de emprego.

 

b)     Sensibilizar o tecido socioeconómico da zona sobre os problemas, recursos, accións e proxectos que contribúan ao seu desenvolvemento.

 

c)     Organizar, promover, coordinar e realizar todo tipo de actividades socioculturais, tales como seminarios, conferencias, xornadas, investigacións e estudos relativos aos problemas de desenvolvemento da zona, así como editar, no seu caso, todo tipo de material en soporte escrito, audiovisual ou informático, de carácter especializado, didáctico ou, simplemente, divulgativo.

 

d)     Solicitar ante calquera instancia e executar, no seu caso, a realización de calquera actividade, programa ou proxecto relacionado cos obxectivos da asociación.

 

e)     Proxectar, preparar e executar cantas accións ou actividades sexan necesarias para acadar unha axeitada formación e posta ao día permanente de todos os colectivos vinculados ao desenvolvemento rural, especialmente dos membros da asociación.

 

f)      Promover o intercambio de experiencias e metodoloxías de traballo, así como a busca de liñas de actuación conxunta con entidades análogas, nacionais ou internacionais.

 

g)     Levar a cabo as campañas de difusión e publicidade que se estimen necesarias.

 

h)     Recoller, tratar, difundir e intercambiar documentación e información relativa ao desenvolvemento rural a través dos medios adecuados.

 

i)      Implicarse na xestión de programas de desenvolvemento do seu territorio.

 

j)      Promover directamente actuacións e proxectos que incidan no desenvolvemento do territorio de actuación.

 

k)     Calquera outra actividade que poida resultar necesaria ou consecuente coas anteriores.

 


Inicio Subir