Convocatoria ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 03 de Outubro de 2018

Published in
Logo_TERRAS DE COMPOSTELA Vertical.jpg

A Asociación Terras de Compostela convoca aos seus asociados á Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Terras de Compostela, que se celebrará o vindeiro MÉRCORES, día 03 de OUTUBRO de 2018, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria, na Sede da Asociación, en Lugar Cibrán, 4 – San Xián de Sales (Vedra), coa seguinte:

 

ORDE DO DÍA

 

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Extraordinaria de data 25 de xaneiro de 2018.
  2. Aprobación, se procede, das contas anuais e da memoria de actividades do exercicio 2017.
  3. Estado Xeral de funcionamento da Asociación, e no seu caso, acordos a tomar.
  4. Informe de Presidencia sobre o acordo tomado en Xunta Directiva de xestionar o Xeodestino Terras de Santiago.
  5. Nomeamento dos membros da Xunta Directiva, consonte ó disposto nos Estatutos da Asociación Terras de Compostela.
  6. Rogos e preguntas

 En San Xián de Sales, a 13 de setembro de 2018.

 

 

Carlos Martínez Carrillo

Presidente Asociación Terras de Compostela

AdxuntoTamaño
Convocatoria e Orde día A.XERAL O. 03-10-18_signed.pdf250.36 KB

Inicio Subir