Convocatoria ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 25 de Xaneiro de 2018

Published in

A Asociación Terras de Compostela convoca aos seus asociados á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o vindeiro XOVES, día 25 de xaneiro de 2018, ás 13:30 h en primeira convocatoria e ás 14:00 horas en segunda convocatoria, na CASA DA CULTURA DE VAL DO DUBRA, en rúa de Arcai - Bembibre, coa seguinte:

 

ORDE DO DÍA

 

 

 1.  Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria de data 18 de decembro de 2017.

 2.  Informe anual de avaliación e seguimento da posta en práctica da estratexia de desenvolvemento local, e no caso, acordos a tomar.

 3.  Aprobación, se procede, do importe máximo dispoñible para cada unha das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2: Produtivos, Non Produtivos e Formación.

  4.  Aprobación, se procede, do orzamento e da proposta de actividades prevista para o exercicio 2018.

5.  Rogos e preguntas.

 

 

En San Xián de Sales, a 12 de xaneiro de 2018

 

  

Carlos Martínez Carrillo

Presidente Asoc Terras de Compostela


Inicio Subir