O GDR 24 “Terras de Compostela” apertura os prazos para optar as subvencións do programa LEADER GALICIA 2007 – 2013. Dende o mércores 29 de abril de 2009 e ata o 1 de setembro de 2013 está aberto o prazo de presentación de proxectos.Sede de Feiraco – Pontemaceira S/N. 15864 Ameswww.terrasdecompostela.org info@terrasdecompostela.org Horario de atención: de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h ou chamando ós teléfonos: 981 818 357 / 610 922 335
XUNTA DIRECTIVA TERRAS DE COMPOSTELA
A Asociación Terras de Compostela convoca ós membros da Xunta Directiva a unha xuntanza que terá lugar o próximo Luns, día 26 de outubro de 2009, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, na Sede da Cooperativa de Feiraco, en Ponte Maceira s/n (Ames), coa seguinte ORDE DO DÍA 1.
PROPOSTA DE ECO INNOVACIÓN: IMPLANTACIÓN DA CERTIFICACIÓN FORESTAL
O pasado mércores 7 de outubro de 2009, tivo lugar, en Santiago de Compostela a celebración da Xornada:"Propuesta de eco innovación - Implantación de la certificación forestal"Esta xornada desenvolvese como acción gratuita do proxecto "El futuro del Bosque está en tus manos" e contou coa participación de:Antonio de María Angulo - Vicepresidente de PEFC España, Presidente de PEFC GaliciaAna Belén Noriega - Secretaria Xeral de PEFC EspañaMª Elena Fernández - Consultora de GARRIGUES-Medio AmbienteMarta
XUNTA DIRECTIVA TERRAS DE COMPOSTELA
O vindeiro Luns 24 de agosto, ás 20:30 en primeira Convocatoria, no lugar de Ponte Maceira s/n - Ames, terá lugar unha Xunta Directiva de Terras de Compostela coa seguinte
ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Situación económica da Asociación Terras de Compostela.
3. Equipo Técnico.
4. Varios. Rogos e preguntas.
12:30 DIFUSIÓN DO PROGRAMA LEADER EN RADIO NEGREIRA. Luns 27 de Xullo
O xerente do GDR-24, Ignacio Fernández, participará no programa "O Faladoiro" (na dial 107.0 de FM) de Radio Negreira, que dirixe Emilio Xosé Forján.
12:00 DIFUSIÓN DO PROGRAMA LEADER EN RADIO AMES. Martes 28 de Xullo
Con motivo da difusión e divulgación da Iniciativa Leader Galicia 2007-2013 no territorio de Terras de Compostela, o xerente do GDR-24, Ignacio Fernández, participará entre as 12:00 e as 14:00 h, en Radio Ames, dentro do programa "Somos Ames" (da dial 107.2 FM) dirixido por Nazaret López.
CONCELLO DE A BAÑA
Coa presencia do sr. alcalde - presidente e da Axente de Desenvolvemento Local, en representación do sector institucional, como dos representantes de diferentes asociacións do Concello (asociacións veciñais, de mulleres, federacións, empresarios,...), tivo lugar a exposición, no Concello de A Baña, das diferentes liñas e medidas subvencionables dentro da Iniciativa Comunitaria Leader Galicia 2007-2013, que xestiona o GDR-24 a través da Asociación Terras de Compostela. Na charla contouse coa presencia do presidente do grupo, José Montes Pérez e con membros da Xunta Directiva.
CONCELLO DE VEDRA
Seguindo coa difusión e divulgación da Iniciativa Comunitaria Leader Galicia 2007-2013, o equipo técnico foi acollido o 16 de xuño, por representantes veciñais, representantes de asociacións e algún empresario do Concello de Vedra. O alcalde-presidente achegouse á reunión como un membro máis para escoitar as diferentes liñas e medidas subvencionables dentro deste programa.Con unha presenza importante do sector asociativo do Concello, os diferentes asistentes manifestaron interese e colaboración para levar a cabo iniciativas interesantes dentro da Asociación Terras de Compostela.
CONCELLO DE NEGREIRA
A reunión de presentación da Iniciativa Leader Galicia 2007-2013 no Concello de Negreira tivo lugar o pasado 11 de xuño na Casa da Cultura. O Equipo Técnico fixo a oportuna presentación e motivou ós presenten para que ofrezan colaboración na difusión ó programa de axudas neste período.
CONCELLO DE BOQUEIXON
Con motivo da difusión e divulgación da Iniciativa Comunitaria Leader Galicia 2007-2013 polos 10 concellos do territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela (GDR-24), como punto de partida, o Equipo Técnico, vense de reunir o 9 de xuño cos interesados e entidades do Concello de Boqueixón. A apertura do encontro foi levada a cabo por José Manuel Iglesias e cunha presencia de diferentes Asociacións e Empresarios da zona.
REUNIÓN COS TÉCNICOS DE FEIRACO
O pasado xoves 04 de xuño, foron convidados a participar, na reunión de presentación do LEADER GALICIA 2007-2013 relativo ó GDR-24 Terras de Compostela, ós Técnicos de Feiraco (asesores de explotacións en temas vinculados cos cultivos e aboados, boas prácticas medioambientais, reprodución e alimentación e comerciais). Estes, dende o GDR-24, considéranse como difusores da Iniciativa Leader Galicia no territorio de aplicación, é por isto que, o equipo técnico e o presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, expuxeron as Liñas de actuación que encaixan nesta Iniciativa Comunitaria. Do que sería unha xuntanza informativa, rematou sendo un mar de ideas e propostas pendentes de madurar de diversidade temática.
REUNIÓN DA MESA DE ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS, RECREATIVAS, CULTURAIS e MEDIOAMBIENTAIS
O pasado xoves 14 de maio, unha ampla representación das asociacións deportivas, recreativas, culturais e medioambientais, adheridas á Asociación Terras de Compostela, mantiveron unha xuntanza dentro do programa previsto dende a xerencia, para as diferentes Mesas. Comezouse por valorar a experiencia individual de cada entidade dentro de cada campo e traxectoria de actuación local.O grupo insistíu en que as ideas son moitas e moi claras segundo se reflexa no Programa Estratéxico de Terras de Compostela pero a dificultade máis grande é a capacidade económica - financeira das asociacións para asumir a porcentaxe non subvencionable dentro dos proxectos
REUNIÓN DA MESA DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS
O pasado mércores 13 de maio, a práctica totalidade de socios adheridos á Asociación Terras de Compostela, representantes do sector veciñal (un total de 11), veñen de manter unha reunión sectorial, xa prevista, dentro do programa que a xerencia elaborou para as diferentes Mesas. Como inicio da sesión, realizouse a presentación do equipo técnico para aqueles que escusaron a súa presenza na pasada Asemblea Xeral Extraordinaria que a Asociación mantivo na Sede cedida dende Feiracoo 4 de maio.Posteriormente, comezouse por valorar a traxectoria e actuacións locais das diferentes entidades, e expuxéronse e apreciáronse diferentes ideas e liñas polas que encamiñar os seus proxectos, manifestándose a importancia de aunar e cooperar entre as diferentes asociacións.
INFORME ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
O luns 4 de maio do presente ano, celebrouse nas Sala de Reunións da Sede de Feiraco en Pontemaceira – Ames unha Asemblea Xeral da Asociación Terras de Compostela – GDR 24 coa finalidade de presentar e informar ós asociados as contas e presupostos e o mesmo tempo dar a coñecer as distintas estratexias postas en marcha para promocionar o programa LEADER GALICIA 2007 – 2013
GDR-24 APERTURA A CONVOCATORIA DE AXUDAS PROGRAMA LEADER GALICIA 2007 - 2013
O GDR 24 “Terras de Compostela” é o primeiro grupo de desenvolvemento rural de Galicia apertura os prazos para optar as subvencións do programa LEADER GALICIA 2007 – 2013. O traballo levado a cabo pola Xunta Directiva neste últimos meses fixo que se puidese aperturar esta convocatoria nos prazos previstos e polo tanto poñer a disposición dos promotores interesados esta liña de axudas para os seus proxectos. Dende o mércores 29 de abril de 2009 e ata o 1 de setembro de 2013 estará aberto o prazo de presentación de proxectos. Esta convocatoria encádrase na estratexia de poñer a disposición de todos os posibles promotores, toda a información necesaria para tramitar as peticións de subvención.



