A Asociación Terras de Compostela convoca ós membros da Xunta Directiva a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro Luns, día 19 de xullo de 2010, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, na Sede da Cooperativa de Feiraco, en Ponte Maceira s/n (Ames), coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva celebrada o 18 de maio de 2010.
- Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva celebrada o 24 de maio de 2010.
- Elección de cargos da Xunta Directiva, consonte ó disposto nos Estatutos da Asociación Terras de Compostela
- Admitir, se procede, as solicitudes de adhesión á Asociación Terras de Compostela, consonte ó disposto nos Estatutos Sociais.
- Estudo e análise dos expedientes en estado de tramitación, e no seu caso, medidas a adoptar.
- Aprobar, se procede, a proposta de modificación do procedemento de baremación establecido no GDR 24 Asociación Terras de Compostela.
- Estado xeral de funcionamento da Asociación, e no seu caso, medidas a adoptar.
- Rogos e preguntas.
Dada a especial importacia dos asuntos a tratar, agardamos a túa presenza, recibe un cordial saúdo. Ponte Maceira, 07 de xullo de 2010.
José S. Montes Pérez.
Presidente Asoc. Terras de Compostela
NOTA: É importante que vos poñades en contacto co voso suplente de Mesa, no suposto caso de que non poidades asistir.



