O vindeiro 28 de xuño, as 17:30 H. na Fundación Caixa Galicia. (Rúa do Vilar, nº 19 - Santiago), terá lugar a Xornada de presentación do proxecto europeo ANATOLE sobre mercados de proximidade.
O proxecto ANATOLE ten como obxectivos:
-
- Traballar na adopción de políticas e estratexias que favorezan o desenvolvemento da economía de proximidade.
-
- Promocionar a produción local dos territorios rurais periféricos a Santiago, co fin de favorecer a súa comercialización e consumo nos mercados de proximidade.
- - Establecer un modelo innovador na organización da economía de proximidade que favoreza un desenvolvemento urbano-rural sustentable, con capacidade de transferencia e aplicación noutros territorios.
- - Crear unha rede europea de intercambio de experiencias e creación de novos modelos de organización para unha economía de proximidade con dimensión atlántica.
Destinatarios da xornada:
Profesionais vinculados coa eno-gastronomía, produtores e asociacións de produtores locais, axentes de desenvolvemento, cooperativas/agrupacións de persoas consumidoras, ...
Ponentes da xornada:
-
- D. Jocelyn MARECHALD da Asociación de Cámaras de Agricultura do Arco Atlántico francés.
-
- D. José Severino Montes Pérez, Presidente de Terras de Compostela.
-
- D. Miguel Vila, Bloguer Gastronómico.
-
- D. Xosé Manuel Iglesias, Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo .
Para inscribirse e opter mais información, pinche no seguinte link: http://invest.maiscompostela.com/convocatorias/convocatoria.php?id=31&lg=gal
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Convite.pdf | 72.65 KB |
| Folleto_Anatole.pdf | 644.36 KB |



