A Asociación Terras de Compostela convoca ós seus socios á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o vindeiro luns día 21 de XUÑO de 2010, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, na Sede de Feiraco en Ponte Maceira s/n – Ames, coa seguinte
ORDE DO DÍA,
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asamblea Xeral Extraordinaria de data 05 de maio de 2009.
2. Estado xeral de funcionamento da Asociación.
3. Aprobación, se procede, das contas anuais e da memoria de actividades do exercicio 2009.
4. Aprobación, se procede, do orzamento e da memoria de actividades prevista para o exercicio 2010.
5. Ratificación do acordo da Xunta Directiva de data 15/03/2010, de adhesión da Asociación Terras de Compostela á Asociación Galega de GDRs de Galicia.
6. Renovación dos membros da Xunta Directiva, consonte ó disposto nos estatutos da Asociación Terras de Compostela.
7. Rogos e preguntas.
Toda a información e documentación relativa ós temas que conforman a Orde do Día, están a disposición dos socios, na sede da asociación. Prégase solicitar cita previa no teléfono nº: 981 818 357
En Ames, a 07 de xuño 2010.
José S. Montes Pérez.
Presidente



