A Asociación Terras de Compostela convoca ós membros da Xunta Directiva a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro Martes, día 18 de maio de 2010, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria, na Sede da Cooperativa de Feiraco, en Ponte Maceira s/n (Ames), coa seguinte ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva celebrada o 26 de abril de 2010.
- Informe das reunións mantidas cos representantes dos concellos que integran o ámbito territorial do GDR-24 Asociación Terras de Compostela -
- Inicio, se procede, do proceso de expediente ós socios que non cumpran coas obrigas de asociado.
- Análisis dos estatutos da Asociación e, se procede, acordo de proposta de modificación dos mesmos.
- Estudo e análise da memoria de actividades e do orzamento previsto para o exercicio 2010.
- Acordar, se procede, a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Terras de Compostela, e fixación da Orde do Día.
- Estudo e análise dos expedientes en estado de tramitación, e no seu caso, medidas a adoptar.
- Rogos e preguntas.
Agardando a túa presenza, recibe un cordial saúdo. Ames, 11 de maio de 2010.



